Filosofía: compromiso co medio ambiente
Na actualidade a empresa NUBE VERDE S.L, aposta por unha filosofía integrada de calidade, medio ambiente e seguridade.
A nosa empresa atópase na etapa de implantación do sistema de xestión global da Calidade e Medioambiente seguindo os principios das normas ISO 9001 Y 14001 respectivamente; de tal maneira que en todo o proceso de execución da obra se seguir n e cumprir n os requisitos de control específicos das devanditas normas, baseados no principio de mellora continua.
A xestión medioambiental supón para Nube Verde S.L un cambio de actitude que afecta a toda a estrutura organizativa, operacións internas da empresa, relacións cos diversos axentes externos (clientes, proveedores, administración...). A implantación do sistema de xestión medioambiental ten os principais obxectivos:
- Conseguir a satisfacción plena do cliente, cada vez mais preocupado pola degradación progresiva do noso contorno.
- Cumprir as disposicións legais que lle sexan aplicables.
- Establecer as ferramentas de xestión oportunas para a consecución dunha mellora ambiental continua.
Cando nos embarcamos nunha tarefa longa e importante como é a construción iniciamos o proceso na planificación das obras, que inclúe:
- Definición das metas xerais
- Definición das restricións
- Identificación dos elementos e recursos necesarios
- Establecemento do calendario xerais
- Establecemento de sistemas do control de obra
Na etapa de planificación da obra farase una revisión medioambiental inicial co fin de identificar e documentar os impactos medioambientales significativos asociados directa ou indirectamente coas actividades, os materiales e as técnicas construtivas a empregar na obra.
Ó completar este proceso de identificación a organización Nube Verde S.L tentará mellorar a actuación medioambiental controlando as actividades e as técnicas construtivas utilizadas no proceso, así como os residuos xerados. Resumindo, o control destes aspectos reduce e minimiza os impactos, principal obxectivo da organización.
Ó compromiso da dirección de Nube Verde S.L é tanto a mellora de actuación como o proporcionar recursos adecuados para acadar a devandita mellora. Asegura a implantación e mellora do sistema de xestión medioambiental.
O proceso planificado de mellora continua que utiliza a empresa Nube Verde S.L leva a:
- Racionalización do uso de recursos e consumo de materias primas.
- Unha mellora da calidade dos servizos por ter en conta a consideración de efectos ambientais.
- Mellora da eficiencia no desenvolvemento das actividades debido a definición de procedementos e instrucións de traballo.
Un dos requisitos do sistema de xestión medioambiental é a actualización da lexislación sectorial e xeral e o seu obrigado cumprimiento. Por este motivo a empresa Nube verde S.L. atópase no proceso de tramitación do Rexistro do Pequeno Productor de Residuo Perigoso. A nosa empresa atópase clasificada como pequeno productor de residuos perigosos por non superar as 10 toneladas deste tipo de residuo.
A xestión de residuos faise en todo momento a través de xestores autorizados pola Xunta de Galicia. Porén intentamos que todos os residuos da construción demolición xerados nas nosas obras sufran un proceso de reutilización total do citado residuo. Por iso faise na obra unha recollida selectiva por tipo de residuo.
Desta forma os aridos envíanse a unha planta de valorización onde se clasifican nas distintas granulometrías (finos, medios, grosos) e reutilizaranse de novo para:
- Recheo de zonas axardinadas
- Realización de accesos a obras, fincas...
- Recheos de zonas grosas
A madeira reutilizarase para a realización de taboleiros aglomerados.
En relación co exposto anteriormente a empresa Nube Verde S.L atópase inscrita como empresa sustentable da construcción en España, desenvolvido polo Instituto de Bioconstrución e Enerxías Renovables (IBER).
Unha empresa sustentable é aquela capaz de xerar negocio utilizando o factor ambiental e social como aliados. Nube verde S.L non só se preocupa pola conta dos resultados económicos senon que fai que as súas edificacións contribúan ao desenvolvemento e mellora da calidade de vida das sociedades a un uso mais racional de recursos naturais. A construción sustentable é responsable dun porcentaxe moi elevado de consumo enerxético e da utilización dos recursos naturais disponibles.
Nube Verde S.L promove a fabricación de produtos que poidan reducir os efectos ambientais adversos, proporcionalles aos consumidores unha orientación e informacisn exacta e con base científica sobre os seus produtos, e contribúe á realización de melloras ambientales importantes.